Somos un grupo de agricultores, amantes da natureza,
que vivimos no sur da provincia de Ourense, nunha contorna privilexiada
que loitamos para conservar: Rairiz de Veiga, derradeiro concello,
que queda na zona, sen sufri-los terribles efectos das concentracións
parcelarias realizadas polo goberno Fraga. Conserva, polo tanto,
intacto o ecosistema agrario tradicional. É aquí
onde nós traballamos por conserva-lo medio que nos rodea
e garantir un desenvolvemento sostible . Outros agricultores da
zona uníronse a esta idea e todos nos fomos especializando
en producir alimentos naturais que ofrecemos a bo prezo a consumidores
concienciados que desexan unha alimentación sa. Desta forma,
ademáis, tentamos traslada-la idea a outras zonas, demostrando
que é posible.
En Produtos DAIQUI, loxicamente, non lle engadimos nada
ós alimentos, nin mentres medran nin ó seren recollidos.
A única elaboración que lles damos é empaquetalos
para que cheguen á túa casa trala colleita. Por
suposto a recollida é previa ó envío, e nalgunhas
ocasións ata uns minutos antes... polo que chegan sen perda
algunha de propiedades e completamente natural...