Home

ALIMENTOS NATURAIS DA GALIZA
Labregos Daiquí

Natural
CASTELÁN  CASTELÁN  
QUÉN SOMOS DAIQUÍ ANOS DE LOITA AGRICULTURA ECOLÓXICA CÓMO FACER UN PEDIDO TENDA LISTA DE PRODUTOS  CONECE OS AGRICULTORES SISTEMA ALIMENTARIO ACTUAL ALIMENTOS TRANSXÉNICOS NITRITOS E NITRATOS CASA RURAL CONEXIONS
  AGRICULTURA ECOLÓXICA
 

AGRICULTURA ECOLÓXICA OU... REINVENTA-LO FUTURO


A TERRA ESTÁ VIVA, millóns de microorganismos viven nela. Destas materias en descomposición que se atopan na superficie do chan depende a súa fertilidade, e fornecen á terra coa alimentación necesaria para que as plantas medren sas. Os fertilizantes químicos fan mermar estes microorganismos, e as leiras con eles tratadas tórnanse cada vez máis pobres a medida que van perdendo a súa fonte de vida: o humus. As plantas medran máis de présa, ó contrario da súa natureza.O seu exterior é fermoso á vista e parece sas, pero no seu interior non se poden formar correctamente nin desenvolve-las defensas necesarias para evita-las enfermidades e as pragas, polo que se non queren perde-la colleita deben usar praguicidas. E, todos sabemos que a TERRA CADA VEZ ESTÁ MÁIS MORTA, as augas subterráneas e o aire contamínanse, os peixes e as aves morren, as árbores desaparecen. Chega .... o deserto.


A AGRICULTURA ECOLÓXICA é unha forma alternativa de enfoca-la produción agraria baseada no respecto pola contorna que nos rodea, producindo alimentos sans e de máxima calidade, actualizando os coñecementos técnicos e científicos. Para acadar estes obxectivos aplícanse unha serie de técnicas que deben:
_ Estar integradas no agro sistema, de forma que non provoque impactos ambientais.
_ Potencia-la fertilidade do chan e a capacidade produtiva garantindo a continuidade da produción agraria.
_ Respecta-los ciclos naturais dos cultivos e darlle ós animais unhas condicións de vida saudables.
_ Non engadirlle ós alimentos substancias que sexan perxudiciais para a saúde ou que mermen o seu valor alimenticio.
O consumidor actualmente pode adquiri-los produtos de agricultura ecolóxica en diferentes puntos de venda; grandes superficies, asociacións de consumidores, tendas especializadas, etc. Procurando sempre a etiqueta identificativa do organismo de control correspondente e a referencia de cultivo ecolóxico.
A falta dunha lexislación eficaz que identifique os alimentos transxénicos fai de aval de Agricultura Ecolóxica, a garantía más fiable de que un alimento no contén compoñentes manipulados xenéticamente.
A agricultura actual separouse tanto do medio que se convertiu nun dos seus peores inimigos. A xeneralización do uso de fertilizantes de síntese química provoca a degradación do solo, a auga e o ar.
A Agricultura Ecolóxica evita estes problemas ó empregar só produtos e métodos naturais. Tíraselle proveito ó potencial produtivo do solo, manténdoo como un sistema vivo e mellorando a súa fertilidade natural. Créanse sistemas equilibrados, con plantas fortes e sas, de forma que os propios procesos naturais e a resistencia dos cultivos sexan dabondo para evitar pragas e enfermidades. O gando críase nun ambiente propio e natural, alimentándose de forma equilibrada. Así evítase recorrer ó uso de substancias ou técnicas que poidan danar o medio.
A Agricultura Ecolóxica precisa sistemas diversos, nos que a variedade de cultivos, as sebes, a herba ó pé dos frutais, os estercos verdes, a vexetación das marxes e ribadas, … xeran ecosistemas ricos e de grande valor ambiental.
En definitiva, mantense un agro ecosistema complexo e vital, relacionado intimamente coa natureza.


Todos os produtos DAIQUÍ teñen certificados ecolóxico

  Última modificación: --  © 2006 Daiquí