Home

ALIMENTOS NATURAIS DA GALIZA
Labregos Daiquí

Natural
CASTELÁN  CASTELÁN  
QUÉN SOMOS DAIQUÍ ANOS DE LOITA AGRICULTURA ECOLÓXICA CÓMO FACER UN PEDIDO TENDA LISTA DE PRODUTOS  CONECE OS AGRICULTORES SISTEMA ALIMENTARIO ACTUAL ALIMENTOS TRANSXÉNICOS NITRITOS E NITRATOS CASA RURAL CONEXIONS
  NITRITOS E NITRATOS
 

¿QUE SON?


Son compostos de fertilización, extremadamente solubles en auga:
- Resultantes da descomposición de substancias orgánicas.
- Abonos de orixe sintético ou natural.
- Efluentes domésticos e agroindustriais.

 

¿ONDE SE ATOPAN?


Actualmente hai un aumento continuo de nitratos en auga superficiais, subterráneas e nos alimentos. Non tódalas plantas absorben do mesm xeito estas substancias, pero hai que destaca- las que teñen maior capacidade de absorción: Cervexa, salchichas, chourizos e os alimentos que conteñen conservantes como o E-249,E-250,E-251, y E-22. A actual industria agroquímica emprega excesivos fertilizantes artificiais a base de nitratos co obxectivo de aumenta-la produción practicando unha agricultura intensiva. Estas substancias son fixadas polas plantas e moitas, debido a unha aplicación esaxerada son arrastradas polas augas que flúen filtrándose ata os mananciais de augas subterráneas, pozos, ríos, etc.


 

 

EFECTOS NA SAÚDE


Agochado no verde das legumes, na auga que bebemos...os nitratos son un veleno que pode chegar a provocarnos serios problemas de saúde. Cando comemos alimentos con nitratos sométense a un proceso de transformación en nitritos no noso estómago, e pódense combinar con outras substancias orixinando as nitrosaminas (substancia canceríxena). Ademáis, os nitratos poden ser os causantes de 5 mutacións dos nosos xenes e deformacións en fetos (teróxeno). A nivel de intestino, interaccionan coa hemoglobina orixinando metahemoglobina que pode causar asfixia dos tecidos e, , en casos extremos, a muerte. Os bebes son os máis sensibles a este tipo de intoxicación. Nos adultos diminúe a fertilidade, produce avitaminose A e B, e muda a función da tiroides

 


Nitri02

Todos os produtos DAIQUÍ teñen certificados ecolóxico

  Última modificación: --  © 2006 Daiquí