Home

ALIMENTOS NATURAIS DA GALIZA
Labregos Daiquí

Natural
CASTELÁN  CASTELÁN  
QUÉN SOMOS DAIQUÍ ANOS DE LOITA AGRICULTURA ECOLÓXICA CÓMO FACER UN PEDIDO TENDA LISTA DE PRODUTOS  CONECE OS AGRICULTORES SISTEMA ALIMENTARIO ACTUAL ALIMENTOS TRANSXÉNICOS NITRITOS E NITRATOS CASA RURAL CONEXIONS
  ¿Queres comer alimentos transxénicos?
 

Os alimentos transxénicos proveñen de organismos vivos nos que se introduciron artificialmente modificacións na súa información xenética. Isto lévase a cabo mediante distintas técnicas dependendo do organismo que se queira modificar. Unha das máis habituais é a utilización de vectores víricos e bacterianos. Neste contexto, un vector é un organismo vivo que engade os xenes que codifican as características para introducir no organismo receptor, e que é quen de integralos no material xenético deste. En teoría, o organismo receptor terá unha característica introducida, pero na práctica os xenes que se integran fano nunha proporción moi baixa. (Por Ex., en óvulos de vaca, só se consegue a integración xenética en un de cada mil).


Nos anos 80 entran neste campo de investigación as compañías agroquímicas e farmacéuticas, acaparando en pouco tiempo unha grande parte da investigación.
Esta circunstancia fixo que as investigacións pasaren de estar guiadas por intereses científicos a facéreno por intereses económicos, pasando a rendibilidade a ter tanto ou máis peso có coñecemento.


Dada a relativa novidade destas técnicas, e a pesar da rapidez coa que avanza a ciencia na actualidade, aínda non se ten un coñecemento exacto do funcionamiento do material xenético. E non se sabe con seguridade o que acontece bioquimicamente despois de que o xene novo alleo é enxertado nun xenoma. A seguridade para a saúde humana e ecosistémita aínda está por probar.


A biotecnoloxía, é un instrumento moi poderoso, que trará cambios no noso xeito de entende-lo mundo.
Por iso é conveniente pensar en tódalas consecuencias que a aceptación social destas técnicas de maneira
indiscriminada poden traer. Tamén é necesario endurece-las normas existentes sobre a liberación e comercialización
de organismos manipulados xenéticamente. É necesaria unha moratoria en relación a estes temas ata que os riscos da
biotecnoloxía sexan avalados e se impoñan as medidas legais adecuadas para a seguridade de tódolos seres vivos.


Este artigo é un extracto do publicado por Lucía Méndez, no boletín de FEG, TERRA Nº 4


 

Os alimentos tranxénicos presentan unha serie de riesgos:


- A expansión dos cultivos transxénicos ameaza a diversidade xenética pola simplificación dos sistemas de cultivos e a promoción da erosión xenética.


- A potencial transferencia de xenes de cultivos resistentes a herbicidas, a variedades bravas ou plantas semidomésticas emparentadas poden crear "súpermalezas".


- Pódense crear novas razas patóxenas de bacteria por recombinación.


- As pragas de insectos desenvolverán rapidamente resistencia ós cultivos transxénicos que produzan os seus propios pesticidas.


- Aparición de efectos tóxicos ou alérxicos.


- A recombinación de vectores xerará novas cepas virulentas, especialmente en plantas manipuladas para resistencia de virus mediante xenes variables.


- Difusión, a través dos vectores, de resistencia ós antibióticos entre as bacterias intestinais e os patóxenos.


- Infección de células polos vectores despois de inxerir alimentos transxénicos. O vector pode rexenerar virus de enfermidades ou insertarse no xenoma das células, interrompendo as funcións dos xenes e provocando cancro.


Todos os produtos DAIQUÍ teñen certificados ecolóxico

  Última modificación: --  © 2006 Daiquí