AGRICULTURA ECOLÓXICA E CONSERVACION
DO ECOSITEMA AGRARIO TRADICIONAL NA LIMIA
O agro tradicional proporcionou alimentos e outros bens
necesarios de xeito continuado durante séculos. Grazas á sabiduría
acumulada, xeración tras xeración, os labregos souberon crear un
sistema cíclico e autosuficiente en perfeita armonia coa natureza.
Unha obra de arte cun valor monumental moi pouco valorado e respetado polo “galego sapiens” das últimas decadas, obsesionado forzosamente hacia un productivismo insustentable de nefastos efectos secundarios para o medio ambiente a saúde dos consumidores e do propio agricultor. Na Galicia, o sistema derivou (por causas historico-sociais que permitiron un masivo acceso a propiedade da terra) no famoso minifundio, tan vilipendiado e condenado por todos los tecnócratas como o máximo responsable do atraso do campo galego, ignorando por completo os seus aspectos positivos.
Esta visión
negativista, o exodo rural, os incendios, as parcelarias, o
monocultivo e a agricultura química, puxeron en perigo de
extinción un ecosistema de gran biodiversidade e grande beleza
paisaxística, que paradoxicamente é utilizado como imaxe de marketing polos propios responsables da sua destrucción.
Temos bos exemplo destes ecosistemas en todo o país: Terra Cha, a Mariña Lucense, Os Ancares, Reibeira Sacra, etc. Pero eu quixera, a xeito
de exemplo, describir brevemente (máis que nada por ter nacido e
medrado dentro del) o ecosistema agrario tradicional da Limia.
Esa Limia recoñecida noutros tempos pola calidade das suas patacas e do gando (vaca limiá) que pastaba nas suas veigas. E como nón, pola riqueza da súafauna, que proliferaba ao amparo das zonas húmidas espalladas por toda a chaira.
O sistema agrario armonizaba de tal xeito coa natureza que se confundia con ela mesma. O núcleo principal deste sistema agrario o constituian as prazas de labradío, onde estaban as terras máis fértiles, adicadas básicamente a patacas e centeo. Eran amplos espazos con pouco arborado, servidas e delimitadas por amplos camiños.
Despois das prazas e xa en terreos moi húmidos, atopámonos
coas zonas de prados, sempre enmarcadas por sebes de carballos,
vidos, amieiros, freixos, encebiños e salgueiros, todos eles
representantes do antigo bosque autóctono. Istes prados dispuñan
dunha intelixente rede de regadío que permitía filtrar as sales
minerais e a materia orgánica que arrastran as augas que baixan da
montaña. Esta ténica de fertilización natural fai medrar unha herba
vizosa que é segada a principios do vrao para conseguir o feno co
que se alimenta o gando no inverno.
Xa na marxe paralela ao
río Limia, sitúanse as famosas “veigas da Limia”, extensos
pasteiros comunais que están asolagados boa parte do ano e nos que
pacían conxuntamente todo o gando da parroquias correspondentes
(Ordes, Sainza é Congostro) en convivencia pacífica con cegoñas,
lavercas, avefrías, rapiñas, rás, etc.
Nos terreos máis pobres e secos, polo xeral xa na montaña, deixábanse para touzas e cortiñas. Adicadas á leña e ao cultivo do toxo, que unha vez estrado nas cortes, producía o esterco, principal fertilizante utilizado tradicionalmente. Por último, xa preto das aldeas e mesmo ao pé das casas, situábanse as hortas, eixidos e navás. Estaban adicadas principalemente a millo, patacas, berzas, fabas, cabazos... é estaban dotadas dun eficaz sistema de regadío.
En definitiva, o labrego tradicional limiao, como os do resto de Galicia, sabía aproveitar ao máximo a vocación de cada solo, sacando o mellor rendemento co mínimo esforzo.
Por desgracia, todo estes valiosos sistemas agrarios están degradándose ou desaparecendo por completo debido ao abandono da actividade agraria e gandeira. Pero principalmente, e como xa pasou na casi totalidade da chaira limiá, por causa das nefastas obras de concentración parcelaria que crearon unha infaestructura cuadriculada de grandes parcelas. Esta, induciu o agricultor a unha producción baseada no monocultivo, de moi dubidoso futuro e deboradora de grandes cantidades de produtos químicos e pesticidas que contaminan a maior riqueza da Limia: o seu acuifero.
Unha desfeita moi grande e moito diñeiro público gastado a cambio de moi pouco, pois non se acadou un dos obxetivos máis importantes, que era frear o éxodo rural.
Pero ollo, non toda a Limia esta dominada polos “campos de concentración”. O ecosistema de Rairiz de Veiga resiste o asedio dos burócratas e buldóceres. É aquí onde Daiquí, intenta demostrar que non é necesario destruir para progresar e crear riqueza.