DaiquíEspañol  Gallego  
Coidamos da terra para coidar de ti  

HEADING_TITLE

COMO FUNCIONA DAIQUÍ?

Somos unha cooperativa de traballo formada por cinco socios. Centrámonos en producir e comercializar toda clase de alimentos ecolóxicos.
Dispomos dun almacén bioconstruido, onde realizamos o noso traballo de preparación de pedidos, que entregamos directamente a domicilio con transporte propio (Xinzo, Allariz, Ourense).
Aos clientes que temos no resto de Galiza ou do resto do estado, llo enviamos mediante transporte urxente ou refrixerado.



A pé do almacén, contamos con leiras e invernadoiros onde producimos verduras e hortalizas. Isto ten a ventaxa de que podemos recoller a verdura no mesmo dia que facemos o voso pedido, ademáis contamos coa colaboración de outros produtores ecolóxicos veciños nosos: Eloi e Pili (horta) Xosé e Carlos (castañas e patacas principalmente) Perfecto e Francisco (apicultura).

Todos estamos inscritos e, polo tanto, sometidos ao control do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Para produtos fóra de tempada ou que polo clima non se poden cultivar aquí, recurrimos a outros produtores, repartidos por toda Galiza e incluso por todo o estado e por Portugal. Deste xeito, podemos manter unha oferta constante e variada, dos alimentos máis básicos que precisa unha familia ao longo de todo o ano. Coa mesma fin,  fomos incluindo produtos envasados, como aceites, pastas ou conservas, entre outros.


Á hora de preparar os pedidos, intentamos minimizar ao máximo a produción de residuos, utilizando caixas de cartón e madeira, bolsas de papel ou plásticos biodegradables. Os residuos orgánicos producidos no almacén, aprovéitanse para alimentación de animais ou van parar directamente ás nosas composteiras, onde, misturados con follas de carballo e outros restos vexetais da nosa horta, convírtense nun excelente abono orgánico. Mercamos a granel, porque sae máis barato e se xeneran moitos menos envases. Do mesmo xeito, reutilizamos caixas, porque, ademáis de que supoñen un pequeño aforro, seguimos firmemente a estratexia das tres erres: Reutilizar, Reducir e Reciclar.


Política de Privacidad   Mapa Web   Contactar   
Xunta de Galicia