DaiquíEspañol  Gallego  
Cuidamos de la tierra para cuidar de ti  

Mandarina Lindoso- sin aval

1.60€/Kg

Origen: Lindoso (Portugal)
O pé do río Limia, o mesmo que pasa polas nosas veigas, e xa entrando en terras portuguesas en pleno parque Natural do Geres, nunha contorna libre de toda contaminación , o clima tempera de tal xeito que permite a crianza de olivos e toda clase de cítricos que medran nas ladeiras montañosas do río.
Foi  no século XIII cando os  monxes de Cister cos seus coñecementos agronómicos introduciron a cultura da laranxa.Durante moito tempo eran transportadas por burros vendéndose por tódalas aldeas arrainas. Pero xa hai bastantes anos que a producción máis industrial de  laranxas seleccionadas no sur da peninsula  e o abandono do campo acabaron con esta costume.
Non teñén certificado ecolóxico por ser  pequenas  explotación a cargo de persoas maiores que nom lles compensa a burocracia da certificacion, pero  podemos asegurar que son xente de plena confianza para nos.
 DAIQUÍ leva mais de 20 anos apoiando estas pequenas produccións  para que non sexan abandoadas e cortadas as froiteiras polo pé.
Recentemente estós cítricos foron incluidos pola Fundación Slow Food no seu Catalogo de sabores esquecidos e ameazados pola standarización industrial pero con viabilidade económica e potencial comercial, como sempre pensamos en DAIQUÍ .Proba delo é que xa hai algun mozo do pobo que empeza a considerar a posibilidade de vivir do seu cultivo. facendo plantacións novas en base a variedades mais comerciais (como as navelinas e clementinas que vos estamos a ofrecer) , ou recuperando laranxeiras de variedades antigas , como as  tanxaras ou tanxarinas 

Añadir a la cesta:


Política de Privacidad   Mapa Web   Contactar   
Xunta de Galicia