DaiquíEspañol  Gallego  
Coidamos da terra para coidar de ti  

HEADING_TITLE

AGRICULTURA ECOLÓXICA

É un xeito de cultivar a terra que ten como obxetivo fundamental producir alimentos sin residuos e da máxima calidade, respeitando o entorno natural e conservandando a fertilidade da terra para a próxima xeración.

“A terra non e nosa, senón que a temos emprestada dos nosos fillos. A nosa obriga e millorala ou deixala polo menos tal e como nola deixaron “ (Sitting Bull)

Para acadar estes obxectivos na agricultura ecolóxica:

NON se utilizan produtos químicos ou de síntese

NIN abonos químicos
NIN pesticidas (insecticidas, funxicidas, herbicidas)
NIN sementes transxénicas
NIN conservantes
NIN colorantes
NIN hormonas….

Na agricultura química utilízanse pesticidas moi potentes que matan rapidamente todo tipo de praga, pero por desgracia, estas sustancias matna tamén os organismos beneficiosos (fungos, bacterias, insectos depredadores…) que son os que manteñen o equilibrio biolóxico do solo e do agro-sistema.

Como consecuencia, prodúcese un desequilibrio que crea resistencias nas pragas que queremos controlar, aparecendo despois con máis resistencia, o que nos obriga a aumentar a dose ou cambiar a outros químicos máis fortes.

Os agro-químicos están deseñados para que sempre sobreviva un pequeno porcentaxe de individuos que perpetúen o negocio do próximo ano para as industrias que os venden.

Non obstante, na agricultura ecolóxica temos que ter en conta certas normas que respetan as leis da natureza:


-Manter o equilibrio do agro-sistema creando un solo vivo, alimentando a terra co que lle é propio: a materia orgánica (compost, esterco, adobes verdes, etc.)
-Coñecer os círculos vitais das pragas e ter a paciencia de tolerar un nivel aceptable de danos.
-Fomentar a presencia de insectos e microorganismos beneficiosos (insectos, bacterias, micorrizas...)
-Utilizar variedades de sementes resistentes e ben adaptadas ao clima e tipo de solo onde as cultivamos, a poder ser seleccionadas por nós mesmos.
-As "malas" ou "boas" herbas contrólanse por medios mecánicos.

-As sementes, ou plantón utilizado debe ser de procedencia ecolóxica, a poder ser variedades propias, locais, autóctonas, procurando a biodiversidade.

-Para evitar pragas e enfermidades, teremos moi en conta as técnicas de laboreo, fertilización, rotación e asociación de cultivos.

-A rotación e asociación de cultivos dificulta o desenvolvemento descontrolado das pragas (allos con leitugas, cebola con censuras, fabas con millo, etc.)


-As labores do solo han de facerse no tempo oportuno e co grado de humidade adecuado, procurando non alterar as capas do solo, laboreando superficial e gradualmente.
-Hai que prestar tamén moita atención ao momento de: abonar, sementar, transplantar e des- herbar. Facendo estas tarefas no momento xusto, aforraremos tempo, traballo e sobre todo, colleremos mellores colleitas.

Se a pesar de respetar todas estas normas, temos algún problema de praga, sabemos que hai produtos que nos poden axudar sen deixar residuos tóxicos para nós nin para o medio ambiente.

A agricultura e a gandería ecolóxica poden ser unha boa oportunidade e a máis eficaz fórmula para revalorizar e recuperar o sistema agrario tradicional de Rairiz de Veiga, demostrando que se pode crear riqueza, sen necesidade de destruir unha heredanza irrepetible e maravillosa que debemos preservar a toda costa.

Temos que recuperar as cousas boas da nosa cultura labrega, pero non so para expoñelas, como é costume, penduradas das paredes dun museo etnográfico donde todo está morto. Gostamos máis dun museo vivo, interactivo e real, onde a fusión da sabiduría tradicional, xunto cos coñecementos e tecnolóxias máis modernos, permiten a potenciación dun sistema productivo rendible para os seus habitantes e sustentable no tempo.

Cómpre tamén mudar a imaxe pexorativa que ten a sociade sobre o traballo rural, dignificando e valorizando a profesión de labrego, non só como garante da autosuficiencia alimentaria do país, senón tamén coma cuidador da paisaxe, da saude do medio ambiente e das persoas.

Para acadar esta meta, fai falla atraer e motivar aos poucos mozos e mozas que van quedando nas aldeas, con cursos que lles abran os ollos respecto as posiblidades e aspeitos positivos da agricultura ecolóxica.

Para que esto sexa posible, necesitamos moitas persoas coma ti, que valoran e son conscientes de que consumen os alimentos producidos polos seus estimados labregos. 

Política de Privacidad   Mapa Web   Contactar   
Xunta de Galicia