QUEN SOMOS?
Somos un grupo de labregos e labregas, amantes da natureza, que coidamos da terra para producir alimentos sabrosos e sans, libres de pesticidas e nitratos. Todo isto, a un prezo xusto para o agricultor e o consumidor.
Vivimos e traballamos no concello de Rairiz de Veiga, nunha pequena aldea de montaña do sul de Ourense, chamada Carballal. Este foi o único concello da Limia que se librou dos negativos efectos das concentracios parcelarias, gracias á loita ecoloxista. Aínda conserva, dese xeito, un valioso sistema agrario tradicional que resulta ideal para a agricultura ecolóxica.
Daiquí é un proxecto rural sustentable que naceu no ano 1996, da mau de militantes do M.E.L (Movemento Ecoloxista da Limia), coa intención de demostrar que o sistema agrario tradicional galego é un patrimonio moi valioso. Dito sistema, ben potenciado, pode cumplir á perfeción as funcións que un país moderno agarda do seu medio rural:
Función productiva, ecolóxica, paisaxística, recreativa, etc.
Obxectivos cos que nace Daiquí: (Veiga, Carballo da Rocha etc.)
-Frenar o abandono do campo, creando emprego.
-Revalorizar a profesión do labrego, acorde coa súa importancia dentro da sociedade.
-Conservar e potenciar a variedade de sementes autóctonas.
-Contribuir á preservación dos recursos naturais básicos: auga, terra e aire.