Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Como facer un pedido

Facemos os envíos só os luns, martes e mércores.

  1. Fai o teu pedido

    Podes facelo por teléfono, por correo electrónico ou a través da tenda virtual.

    Na tenda podes comprar por categorías ou desde o listado de produtos. Algúns produtos véndense por unidades e outros por quilos, e podes escoller a cantidade exacta (por exemplo, 0,35 kg).

  2. Prepárámolo

    Os pedidos prepáranse por orde de chegada. Avisámoste por correo electrónico do día en que sae a reparto.

  3. Levámosche o pedido

    Recibes o pedido no teu domicilio, ou no lugar que nos indiques, ao día seguinte de preparalo.

  4. Prezos e pago

    Os prezos inclúen o IVE, pero non o transporte (salvo ofertas). O custo do envío calcúlase ao finalizar a compra segundo o destino. Para facer un novo pedido debe estar pagado o anterior.

Gastos de envío

Ourense (cidade), Allariz e Xinzo de Limia: 4 € – Gratis a partir de 40 €
Resto de Galicia: 6 € – Gratis a partir de 70 €
Resto da Península: 10 € 

Comarca da Limia: concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Formas de pago

  • Transferencia bancaria, tras a aprobación do pedido.
  • Contra reembolso: pagas ao transportista en efectivo, sen recargo algún, no momento de recibir a mercancía.