Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Como funcionamos?

Somos unha cooperativa de traballo formada por cinco socios.
Centrámonos en producir e comercializar toda clase de alimentos
ecolóxicos.

Dispomos dun almacén bioconstruido, onde realizamos o noso traballo de preparación
de pedidos, que entregamos directamente a domicilio con transporte
propio (Xinzo, Allariz, Ourense).
Aos clientes que temos no resto de Galiza ou do resto do estado,
enviamosllo mediante transporte urxente ou refrixerado.

O pé do almacén, contamos con leiras e invernadoiros onde producimos
verduras e hortalizas. Isto ten a ventaxa de que podemos recoller a
verdura no mesmo dia que facemos o voso pedido, ademáis contamos coa
colaboración de outros produtores ecolóxicos veciños nosos: Eloi e
Pili (horta) Xosé e Carlos (castañas e patacas principalmente)
Perfecto e Francisco (apicultura).

Todos estamos inscritos e, polo tanto, sometidos ao control do Consello
Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Para produtos fóra de tempada ou que polo clima non se poden cultivar aquí,
recurrimos a outros produtores, repartidos por toda Galiza e incluso
por todo o estado e por Portugal. Deste xeito, podemos manter
unha oferta constante e variada, dos alimentos máis básicos que
precisa unha familia ao longo de todo o ano. Coa mesma fin, fomos incluindo produtos
envasados, como aceites, pastas ou conservas, entre outros.

Á hora de preparar os pedidos, intentamos minimizar ao máximo a
produción de residuos, utilizando caixas de cartón e madeira,
bolsas de papel ou plásticos biodegradables. Os residuos orgánicos
producidos no almacén, aprovéitanse para alimentación de animais ou
van parar directamente ás nosas composteiras, onde, misturados con
follas de carballo e outros restos vexetais da nosa horta,
convírtense nun excelente abono orgánico. Mercamos a granel, porque
sae máis barato e se xeneran moitos menos envases. Do mesmo xeito, reutilizamos caixas, porque,
ademáis de que supoñen un pequeño aforro, seguimos firmemente a estratexia
das tres erres: Reutilizar, Reducir e Reciclar.