Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Quen somos?

Somos un grupo de labregos e
labregas, amantes da natureza, que coidamos da terra para producir
alimentos sabrosos e sans, libres de pesticidas e nitratos. Todo
isto, a un prezo xusto para o agricultor e o consumidor.

Vivimos e traballamos no concello de
Rairiz de Veiga, nunha pequena aldea de montaña do sul de Ourense,
chamada Carballal. Este foi o único concello da Limia que se librou
dos negativos efectos das concentracios parcelarias, gracias á loita
ecoloxista. Aínda conserva, dese xeito, un valioso sistema agrario
tradicional que resulta ideal para a agricultura ecolóxica.

Daiquí é un proxecto rural
sustentable que naceu no ano 1996, da mau de militantes do M.E.L
(Movemento Ecoloxista da Limia), coa intención de demostrar que o
sistema agrario tradicional galego é un patrimonio moi valioso. Dito
sistema, ben potenciado, pode cumplir á perfeción as funcións que
un país moderno agarda do seu medio rural:

Función productiva, ecolóxica,
paisaxística, recreativa, etc.

Obxectivos cos que nace Daiquí:
(Veiga, Carballo da Rocha etc.)

  • Preservar o sistema agrario
    tradicional xunto coa paisaxe a il asociada.
  • Frenar o abandono do campo, creando
    emprego.
  • Revalorizar a profesión do labrego,
    acorde coa súa importancia dentro da sociedade.
  • Conservar e potenciar a variedade de
    sementes autóctonas.
  • Contribuir á preservación dos
    recursos naturais básicos: auga, terra e aire.