Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Política de privacidade

Última actualización: 25 de outubro de 2026.

1. Responsable do tratamento

  • Titular: Daiquí S. Coop. Galega
  • CIF: F32392128
  • Enderezo: A Carballal, nº 8, 32654 Rairiz de Veiga (Ourense)
  • Teléfono: 637 583 082 · 637 583 083
  • Correo electrónico: pedidos@daiqui.com

Daiquí garante que os datos que nos facilites se tratan con absoluta confidencialidade e se utilizan unicamente para prestarche o noso servizo. Esta política cumpre o Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

2. Que datos tratamos

Para xestionar a túa conta e os teus pedidos pedímosche nome e apelidos, enderezo, teléfono e correo electrónico e, se precisas factura ao teu nome, a razón social e o NIF/CIF. Tamén gardamos o historial dos teus pedidos.

3. Para que os usamos e con que base legal

  • Tramitar, preparar e entregar os teus pedidos, emitir as facturas e atender as túas consultas: é necesario para cumprir o contrato de compra (art. 6.1.b RXPD).
  • Xestionar a túa conta de cliente, se te rexistras: execución do contrato que aceptas ao creala (art. 6.1.b RXPD).
  • Cumprir as nosas obrigas legais contables e fiscais (art. 6.1.c RXPD).
  • Enviarche promocións e novidades por correo electrónico, só se o aceptas marcando a casilla correspondente ao rexistrarte ou en «A miña conta»: o teu consentimento (art. 6.1.a RXPD e art. 21 da Lei 34/2002, LSSI). Podes retiralo cando queiras desmarcando a casilla en «A miña conta → Detalles da conta», coa ligazón de baixa de cada correo ou escribíndonos. Se xa estabas subscrito ao boletín da nosa web anterior, mantemos esa subscrición nesta web.

Fóra do anterior, non enviamos publicidade nin información que non pediches, e non tomamos decisións automatizadas nin elaboramos perfís.

4. A quen se comunican

Daiquí non vende nin cede os teus datos a terceiros. Só os coñecen, na medida imprescindible, quen nos axuda a prestar o servizo e asinou o correspondente compromiso de confidencialidade: a empresa de transporte que entrega o teu pedido, o noso provedor de aloxamento web, a entidade bancaria ou pasarela de pagamento que tramita o cobro e a nosa asesoría contable. Tamén se comunicarán ás administracións públicas cando a lei o esixa.

5. Canto tempo os conservamos

Mentres manteñas a túa conta ou a relación comercial e, despois, durante os prazos que esixe a lei (por exemplo, seis anos para a documentación contable e as facturas). Pasados eses prazos, elimínanse.

6. Os teus dereitos

Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade escribindo a pedidos@daiqui.com ou por correo postal ao enderezo indicado, indicando que dereito queres exercer. Moitos dos teus datos podes modificalos directamente en «A miña conta». Se consideras que non atendemos correctamente a túa solicitude, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

7. Seguridade

Daiquí toma as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer a confidencialidade da túa información persoal. Só as persoas autorizadas teñen acceso aos datos dos clientes e a web funciona con conexión cifrada (https).

8. Cookies

Esta web só utiliza as cookies técnicas imprescindibles para que funcionen a cesta, o proceso de compra e o acceso á túa conta. Non usamos cookies de publicidade nin de analítica.

9. Cambios nesta política

Daiquí pode modificar esta política por cambios lexislativos ou na súa forma de traballar. Publicaremos sempre a versión vixente nesta páxina. Para calquera dúbida, escríbenos a pedidos@daiqui.com.