Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Agricultura ecolóxica

É un xeito de cultivar a terra que ten
como obxetivo fundamental producir alimentos sin residuos e da máxima
calidade, respeitando o entorno natural e conservandando a
fertilidade da terra para a próxima xeración.

“A terra non e nosa, senón que a
temos emprestada dos nosos fillos. A nosa obriga e millorala ou
deixala polo menos tal e como nola deixaron “ (Sitting Bull)

Para acadar estes obxectivos na
agricultura ecolóxica:

NON se utilizan produtos químicos ou
de síntese

  • NIN abonos químicos
  • NIN pesticidas (insecticidas,
    funxicidas, herbicidas)
  • NIN sementes transxénicas
  • NIN conservantes
  • NIN colorantes
  • NIN hormonas….

Na agricultura química utilízanse
pesticidas moi potentes que matan rapidamente todo tipo de praga,
pero por desgracia, estas sustancias matna tamén os organismos
beneficiosos (fungos, bacterias, insectos depredadores…) que son os
que manteñen o equilibrio biolóxico do solo e do agro-sistema.

Como consecuencia, prodúcese un
desequilibrio que crea resistencias nas pragas que queremos controlar,
aparecendo despois con máis resistencia, o que nos obriga a aumentar
a dose ou cambiar a outros químicos máis fortes.

Os agro-químicos están deseñados
para que sempre sobreviva un pequeno porcentaxe de individuos que
perpetúen o negocio do próximo ano para as industrias que os venden.

Non obstante, na agricultura ecolóxica
temos que ter en conta certas normas que respetan as leis da
natureza:

  • Manter o equilibrio do agro-sistema
    creando un solo vivo, alimentando a terra co que lle é propio: a
    materia orgánica (compost, esterco, adobes verdes, etc.)
  • Coñecer os círculos vitais das
    pragas e ter a paciencia de tolerar un nivel aceptable de danos.
  • Fomentar a presencia de insectos e
    microorganismos beneficiosos (insectos, bacterias, micorrizas…)
  • Utilizar variedades de sementes
    resistentes e ben adaptadas ao clima e tipo de solo onde as cultivamos, a
    poder ser seleccionadas por nós mesmos.
  • As “malas” ou “boas” herbas
    contrólanse por medios mecánicos.

  • As sementes, ou plantón utilizado
    debe ser de procedencia ecolóxica, a poder ser variedades propias,
    locais, autóctonas, procurando a biodiversidade.

  • Para evitar pragas e enfermidades,
    teremos moi en conta as técnicas de laboreo, fertilización,
    rotación e asociación de cultivos.

  • A rotación e asociación de cultivos
    dificulta o desenvolvemento descontrolado das pragas (allos con
    leitugas, cebola con censuras, fabas con millo, etc.)

  • As labores do solo han de facerse no
    tempo oportuno e co grado de humidade adecuado, procurando non
    alterar as capas do solo, laboreando superficial e gradualmente.
  • Hai que prestar tamén moita atención ao momento de: abonar, sementar, transplantar e des- herbar. Facendo
    estas tarefas no momento xusto, aforraremos tempo, traballo e sobre
    todo, colleremos mellores colleitas.

Se a pesar de respetar todas estas
normas, temos algún problema de praga, sabemos que hai produtos que
nos poden axudar sen deixar residuos tóxicos para nós nin para o
medio ambiente.

A agricultura e a gandería ecolóxica
poden ser unha boa oportunidade e a máis eficaz fórmula para revalorizar e
recuperar o sistema agrario tradicional de Rairiz de Veiga,
demostrando que se pode crear riqueza, sen necesidade de destruir unha
heredanza irrepetible e maravillosa que debemos preservar a toda
costa.

Temos que recuperar as cousas boas da
nosa cultura labrega, pero non so para expoñelas, como é costume,
penduradas das paredes dun museo etnográfico donde todo está morto. Gostamos máis dun museo vivo, interactivo e real, onde a fusión da
sabiduría tradicional, xunto cos coñecementos e tecnolóxias máis
modernos, permiten a potenciación dun sistema productivo rendible
para os seus habitantes e sustentable no tempo.

Cómpre tamén mudar a imaxe pexorativa
que ten a sociade sobre o traballo rural, dignificando e valorizando
a profesión de labrego, non só como garante da autosuficiencia
alimentaria do país, senón tamén coma cuidador da paisaxe, da saude
do medio ambiente e das persoas.

Para acadar esta meta, fai falla atraer
e motivar aos poucos mozos e mozas que van quedando nas aldeas, con
cursos que lles abran os ollos respecto as posiblidades
e aspeitos positivos da agricultura ecolóxica.

Para que esto sexa posible,
necesitamos moitas persoas coma ti, que valoran e son conscientes de que consumen os
alimentos producidos polos seus estimados labregos.