Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Condicións de venda

Última actualización: 24 de outubro de 2026.

Estas condicións regulan as compras en www.daiqui.com, tenda en liña de Daiquí S. Coop. Galega (CIF F32392128), A Carballal, nº 8, 32654 Rairiz de Veiga (Ourense), teléfono 637 583 082 · 637 583 083, pedidos@daiqui.com. Ao facer un pedido aceptas estas condicións.

1. Produtos

Vendemos alimentos ecolóxicos, a maioría frescos e de tempada, polo que a dispoñibilidade varía ao longo do ano. As fotografías son orientativas.

2. Prezos

Os prezos están en euros e inclúen o IVE. Non inclúen os gastos de envío, que se indican antes de finalizar a compra segundo a zona de entrega:

Zona Custo Gratis desde
Ourense (cidade), Allariz e Xinzo de Limia 4 € 40 €
Resto de Galicia 6 € 70 €
Resto da Península 10 € —

Comarca da Limia: concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

3. Como mercar

Podes facer o teu pedido na tenda en liña, por teléfono (637 583 082 · 637 583 083, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00) ou por correo electrónico. Ao finalizar a compra na web recibirás un correo co resumo do pedido e a factura. O contrato formalízase en galego ou en castelán, segundo o idioma que escollas, e gardamos unha copia do pedido que podes consultar en «A miña conta».

4. Formas de pagamento

  • Transferencia bancaria: indicámosche os datos bancarios tras facer o pedido; preparámolo cando recibimos o pagamento.
  • Contra reembolso: pagas en efectivo ao transportista ao recibir o pedido, sen recarga.

Para facer un novo pedido debe estar pagado o anterior.

5. Preparación e entrega

Preparamos os pedidos por orde de chegada e avisámoste por correo electrónico do día en que sae a reparto. Normalmente recíbelo no teu domicilio, ou no lugar que nos indiques, ao día seguinte de preparalo. Se un produto se esgota ou non ten a calidade axeitada, avisarémoste e non cha cobraremos.

6. Dereito de desistencia

Como consumidor tes dereito a desistir da compra nun prazo de 14 días naturais desde que recibes o pedido, sen necesidade de xustificación, comunicándoo a pedidos@daiqui.com ou por teléfono. Devolverémosche o importe pagado, incluídos os gastos de envío ordinarios, nun prazo máximo de 14 días, polo mesmo medio de pagamento ou por transferencia; os gastos de devolución do produto corren pola túa conta.

Excepcións (art. 103 do Real Decreto Lexislativo 1/2007): non se pode desistir da compra de produtos que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez, como froitas, verduras e outros alimentos frescos, nin de produtos precintados que se abrisen despois da entrega por motivos de protección da saúde ou de hixiene.

7. Produtos danados ou equivocados

Se recibes un produto en mal estado, danado ou distinto do pedido, avísanos nun prazo de 48 horas (cunha foto se é posible) e repoñerémolo ou devolverémosche o seu importe, sen custo para ti. Isto non limita os teus dereitos de garantía legal como consumidor.

8. Atención ao cliente e reclamacións

Para calquera consulta ou reclamación podes escribirnos a pedidos@daiqui.com, chamarnos ou escribirnos ao noso domicilio. Tamén temos follas de reclamación á túa disposición e podes acudir aos servizos de consumo da Xunta de Galicia (Instituto Galego de Consumo e da Competencia).

9. Lexislación aplicable

Estas condicións réxense pola lexislación española. Se es consumidor, serán competentes os xulgados do teu domicilio.