Envío gratuíto en Ourense cidade, Allariz e Xinzo de Limia desde 40 € · Galicia desde 70 € · Envíos: luns, martes e mércores 637 583 082 · 637 583 083

Sistema alimentario actual

Non
se nos ensina nada nos colexios sobre alimentación, a pesar de que é
vital. Nos supermercados as persoas se subministran sen pensar, sen
ter en conta o proceso que tivo o produto que teñen nas súas mans e
que inflúe, tanto na calidade do propio produto, coma na nosa saúde.
Non obstante, esta actitude é lóxica, si se ten en conta que a
xente non está informada; de nada lle vale ler etiquetas que non
pode interpretar (e isto sen contar co que non se mostra nelas). Ás
persoas desinformadas, non lles queda máis remedio que confiar.

O
sistema de alimentación actual non pode sobrevivir sen a produción
de aditivos artificiais que engadir aos alimentos, xa que está
baseado en produtos que deben “durar” tempo despois da súa
recollida ou elaboración, ata que chega ao andel do supermercado, e
posteriormente á neveira dos fogares dos consumidores. Así, o
tratamento dos alimentos é un proceso imprescindible, e sen el non
terían tanto beneficio unha serie de industrias cuxo principal
propósito é vender. Os aditivos dan aos alimentos unha presenza
“atractiva” que incentiva aos nosos sentidos e fainos comer
polos ollos.

Os
organismos sanitarios ditan en que cantidade deben incorporarse os
aditivos aos alimentos e, aínda que insisten en que os beneficios
superan aos riscos, non está demostrado que a pequena proporción
tóxica diariamente tomada non inflúa no noso organismo co tempo,
desencadeando enfermidades. Sobra falar sobre a relación directa que
hai entre certas enfermidades e a alimentación…

COLORANTES

Proporcionan,
reforzan ou manteñen a cor dos alimentos. Pola súa toxicidade son
máis coñecidos e temidos.

AXENTES AROMÁTICOS

Achegan
propiedades olorosas e, ás veces, sabor.

EDULCORANTES

Mesturadores
de aroma e sabor.

ESTABILIZANTES

Evitan
a tendencia natural á separación dos compoñentes

Colorantes,
axentes aromáticos, edulcorantes, estabilizantes, antioxidantes,
emulxentes, espesantes, potenciadores do sabor, gasificantes…. son
só algúns dos aditivos que se usan cada día na industria
alimentaria.

CONSERVANTES QUE DIN NON SER
TÓXICOS

Ácido propiónico, ácido sórbico, ácido benzoico.

CONSERVANTES MEDIANAMENTE TÓXICOS

Auga osigenada,
formaldehido.

CONSERVANTES INADMISIBLES

ÁCIDO
BÓRICO:
Encóntrase
en produtos graxos, derivados lácteos, ovo, produtos cárnicos,
pescado…

ÁCIDO
SALICÍLICO: Úsase
en conservantes da xema de ovo líquida, anchoas e escabeche de
peixe, na preparación de conservas de olivas, cogombros novos,
froitas, confeituras, xeleas…

FLUORUROS:
Encóntrase
en margarinas, leite e derivados, carne, cervexa (afectan ao
metabolismo de ósos e dentes).

CLOROPICRINA:
Adoitábase
empregar na desinfección de utensilios e maquinaria da industria da
alimentación.

COLORANTES QUE SE USAN
HABITUALMENTE E SON PERIGOSOS

TARTRACINA:
Crea
unha bonita cor amarela, é especialmente perigoso se se ten alerxia,
urticaria ou asma. Encóntrase en bebidas refrescantes, doces,
caramelos, embutidos, licores, conservas vexetais…

AMARANT: Crea
unha atractiva cor vermella. Considérase carcinóxeno. Encóntrase
en refrescos de cor vermella, pastelaría, margarina, iogur,
embutidos, licores, etc.

COTXINILLA:
Tamén
de cor vermella. Produce habitualmente alerxias e urticarias. Podemos
encontrala nalgunhas bebidas refrescantes, pastelaría e confeitaría,
iogur, conservas vexetais, embutidos, e licores.